¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

CURSOS online

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Os nosos cursos Online consisten en clases pregrabadas e material de apoio que se pon a dispor de cada estudiante na nosa web para que escolla o momento que máis lle conveña para acceder a elas. Os cursos Online teñen unha duración de días determinada, ao rematar ese periodo, o estudante xa non poderá acceder máis a esa sección.

Esta modalidade está especialmente recomendada para aquelas persoas que desexan formarse ao seu propio ritmo.

Polo xeral, os cursos de MAGA DE VOZ son intensivos, breves en minutos de vídeo pero longos en tempo de duración. Por que?

  1. Nos nosos vídeos NON facemos os exercicios con vós se non que vos explicamos como se fan para que vos poidades organizar pola vosa conta. Para iso tendes a parte os audios coas vocalizacións e un calendario de exercicios. Os vídeos breves farán máis práctico e áxil o voso traballo persoal. 
  2. Os contidos dos vídeos están sintetizados de maneira ordenada, coherente, estruturada en niveis e adecuadamente temporizada (baixo criterios de mínimos)
  3. Nos nosos cursos suxerimos períodos bastante “longos” de traballo persoal para que vexades resultados efectivos e duradeiros na vosa técnica vocal. Recordade que hai que repetir bastantes veces unha técnica para que se  automatice. 

Coidamos da saúde da  vosa voz  e sabemos que é  máis efectivo e seguro practicar un pouco cada día durante moitos días que moito tempo unha soa vez. 

Para saber máis podedes ler o noso artigo no blog  que afonda en temas relacionados coa psicoloxía do ensino/aprendizaxe e coa didáctica da música.