
"CON VOZ PROPIA"
Proxectos sociopedagóxicos de Cantoterapia
Dirixidos a colectivos diversos: mulleres, adolescentes, infancia, resilientes a traumas, estigmatización, violencia, neurodiverxencia etc.
Aínda que nós pensamos que o ensino do Canto incide SEMPRE no benestar da persoa (dito de maneira simple: “cantar senta ben”), compre sinalar que nas nosas clases de Canto e Vocal Coach poñemos máis énfase no perfeccionamento no canto. Polo contrario na Cantoterapia a expresión artística utilízase unicamente como vehículo para desvelar os contidos emocionais internos. É dicir que para o Vocal Coaching, o canto é a nosa finalidade última, mentres que na Cantoterapia o principal obxectivo do intervento radica no benestar da persoa.
Maga de Voz dirixe os obradoiros de CANTOTERAPIA PARA MULLERES.
MÁIS INFORMACIÓN
e MÚSICA PARA MULLERES. (unha ollada desde a igualdade)
Tamén dentro da nosa liña "Con Voz Propia", temos as sesións de contacontos “a tema” para o ámbito educativo (bibliotecas, escolas, teatros...) cunha serie de actividades educativas de músico/danza-terapia para traballar con emocións e valores dirixido a crianzas de 3 a 7 anos e as súas familias.
Sen esquecer os Obradoiros de Canto Terapia para adolescentes con problemas de saude mental.
MÁIS INFORMACIÓN