Utilizamos o Método MAGA DE VOZ e as técnicas vocais EVTS e CVT.
Asemade se traballan os aspectos máis cualitativos da voz, que son expresión e interpretación xunto co ensino do solfexo e harmonía. Todos estos contidos (Técnica, Expresión e Teoría musical) preséntanse combinados co traballo persoal de encontro coa propia voz e os recursos interiores (Vocal Coach) promovendo o benestar integral da persoa. Para quen o desexa, poden estar estruturadas en niveis (Básico, Intermedio e Avanzado).