¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

Musicoterapia na terceira idade

MUSICOTERAPIA NA TERCEIRA IDADE


A musicoterapia consiste no uso da música e os seus elementos (ritmo, melodía, harmonía, timbre...) con finalidades terapéuticas, favorecendo a comunicación, mellorando a autoestima e o estado de ánimo, incentivando o movemento, a expresión, a creatividade...

Actualmente, a musicoterapia estendeuse por todo o mundo como unha disciplina da saúde. No noso país aínda se utiliza pouco na sanidade pública, pero nalgúns países europeos é unha disciplina integrada no sistema sanitario que se utiliza como tratamento complementario en diversas enfermidades.

Beneficios cognitivos:

  • Axuda a manter ou mellorar as habilidades verbais. A través de actividades rítmicas, por exemplo, contribúe á intelixibilidade da linguaxe.
  • Estimula a memoria a diversos niveis, tanto a curto como a longo prazo, axudando á reminiscencia (evocación de recordos case esquecidos) e á aprendizaxe.
  • Axuda a manter a atención e a conectar a persoa coa realidade.
  • Incentiva a creatividade.


Beneficios físicos:

  • Actúa como estímulo sensorial.
  • É relaxante e diminúe a ansiedade e a angustia.
  • Activa o sistema motor e favorece o equilibrio.
  • A través do ritmo mellora a coordinación dos movementos.
  • A través de pequenos exercicios de psicomotricidade seguindo o ritmo ou ben tocando un instrumento axudamos a mellorar a mobilidade das articulacións aumentando a forza muscular.

Beneficios sociais, emocionais e espirituais:

  • Fomenta a participación, a interacción e a comunicación social no grupo.
  • Mellora o estado de ánimo e a autoestima.
  • Permite facer aflorar as emocións.
  • Mellora a expresión verbal e non verbal.
     

Se pensamos nas persoas maiores, tanto naquelas que teñen autonomía na súa casa como as que están nalgunha residencia, a musicoterapia pode aportarlles numerosos beneficios xa que ten a capacidade de liberar todo un torrente de memorias. Esta é unha das razóns polas que a terapia musical é un dos tratamentos máis eficaces para as persoas maiores que sofren determinados tipos de enfermidades ou trastornos.

Actualmente estase investigando e estanse utilizando técnicas clínicas de musicoterapia neurolóxica para aplicalas no tratamento de grupos de pacientes con diferentes enfermidades: Parkinson, Huntington, Alzheimer, autismo, traumatismo cerebral, apoplejía etc.

Nas persoas con Parkinson, o traballo con patróns rítmicos regulares e constantes permite mellorar as funcións motoras, xa que o ritmo actúa como un estabilizador externo que fai que o cerebro poida controlar o movemento.

Nas persoas maiores con demencia, por exemplo, a musicoterapia permite mellorar a calidade de vida das persoas que a sofren.

 

En MAGA DE VOZ, nos nosos obradoiros CON VOZ PROPIA, un dos perfís obxectivo dentro dos colectivos resilientes son precisamente os maiores.

Se tes unha asociación, fundación o residencia e queres unha actividade motivacional creada e pensada para eles, non dúbides en contactar con nós.