MEDULA presenta unha galería de mulleres diversas, mortas e vivas, nais, avoas e netas, mulleres do mar e da terra, de Galiza e do mundo, sobreviventes e loitadoras.
Estas mulleres viaxan polo tempo e o espazo, real ou mítico, na busca de resolucións positivas, transmutando a historia en esperanza e falando de igualdade, identidade, orixes, mestizaxe e futuro.
Estilo e comunicación:
É un espectáculo con estética postmoderna no que o texto poético, as accións escénicas, a linguaxe visual e a música en directo dialogan en pe de igualdade, sen narrativa lineal, aínda que o conxunto sexa congruente.
É participativo e, na medida do posible, a disposición do público será circular.
É dinámico e toca temáticas e emocións variadas e contrastadas.
Público:
Está dirixido a un público adulto. Porén, debido á estética do espectáculo, o seu dinamismo e o valor social e emocional dos temas tratados, é tamén moi adecuado para un público adolescente.
Actúan:
Cristal Méndez é autora dos textos que interpreta e canta.
Daniel Alonso é un diseñador e músico plurinstrumentista (guitarra e Teremín) aos que incorpora obxectos sonoros cotiáns e sampler.
Detalles de valor:
Na fin do espectáculo é posible levar a cabo un faladoiro con nós e coñecer e tocar os diversos instrumentos e obxectos sonoros que utiliza Polonio. Poder “xogar” co Teremín esperta sempre un gran entusiasmo entre o público de todas as idades.
Importante:
O espectáculo está incluído no catálogo "Pontegal" da Diputación de Pontevedra e está subvencionado ao 100% e ao 75% para o programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia