Combina un espectáculo de contacontos xunto a unha serie de propostas socioeducativas de músico/danza-terapia para desenvolver a intelixencia emocional.
Asemade, queremos atender á necesidade de movemento expresivo e de lecer na infancia (e non só na infancia...), especialmente nos días de chuvia e frío.
No conto "O abeto valente" trátanse os temas do paso do tempo, a valentía, a resiliencia, a transformación e as raíces, que se tratan dende un prisma emocional a través das actividades de movemento, música e canto.
"O abeto valente" é un conto laico, porén, a súa temática "invernal" faino moi doado para o período do Nadal.
Este conto, de Jordi Cots (poeta, mestre e pedagogo catalán) é de grande valor histórico: foi publicado en 1966 polas editoriais galego/catalana Galera e Galaxia, e traducido do catalán ao galego pola poeta e académica Xohana Torres.
Duración: 60' (aprox.)
O espectáculo está subvencionado ao 75% polo proxecto "Ler Conta Moito" da Xunta de Galicia.