Combina un espectáculo de contacontos xunto a unha serie de propostas socioeducativas de músico/danza-terapia para desenvolver a intelixencia emocional.
Asemade, queremos atender á necesidade de movemento expresivo e de lecer na infancia (e non só na infancia...), especialmente nos días de chuvia e frío.
O conto "Lucinda e o Inspector Vinagre" trata os temas da flexibilidade e os cambios vitais, a agresividade, a tolerancia, o amor, a colaboración e os coidados. Xunto aos conceptos musicais de legato e staccato, forte e piano que se traballan dende un prisma emocional a través do movemento, o canto, e a manipulación de obxectos.
A actividade adáptase ao ámbito das bibliotecas e outros espazos culturais e de lecer.
O espectáculo está subvencionado ao 75% polo proxecto "Ler Conta Moito" da Xunta de Galicia.
Duración: 60' (aprox.)