¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

OS NOSOS SERVIZOS

VOCAL COACHING PRESENCIAL

 

As clases de Canto Moderno privadas pretenden dar unha atención moi personalizada e se adptan ás necesidades individuais de cada alumnx.

Utilizamos o Método MAGA DE VOZ e as técnicas vocais EVTS e CVT.

Asemade se traballan os aspectos máis cualitativos da voz, que son expresión e interpretación xunto co ensino do solfexo e harmonía. Todos estos contidos (Técnica, Expresión e Teoría musical) preséntanse combinados co traballo persoal de encontro coa propia voz e os recursos interiores (Vocal Coach) promovendo o benestar integral da persoa. Para quen o desexa, poden estar estruturadas en niveis (Básico, Intermedio e Avanzado).

 

 MÁIS INFORMACIÓN

VOCAL COACHING ONLINE


Os obxectivos, os contidos e a estruturación son iguais aos das clases presenciais.  Só cambia, en parte, o método que se ten que adaptar ao espazo virtual.

Dentro da formación online distinguimos dúas variantes:

  • Formación "en directo" a través de videoconferencia

Formación a través de material formativo dixital habilitado en seccións privadas da web e agrupado por niveis e temas específicos.



  MÁIS INFORMACIÓN

SEMINARIOS INTENSIVOS DE TÉCNICA VOCAL E CANTO

 

Está dirixido a colectivos concretos (ensinantes, actorxs, corais) e se ofrecen sesións altamente especializadas "á carta" para responder ás necesidades específicas dese grupo, por exemplo: técnica vocal orientada ao canto moderno, exploración tímbrica, dinámicas e fraseo, Gospel, etc..

Empregamos o método MAGA DE VOZ. Están pensados para ser impartidos nunha soa fin de semana (12 horas en total) e para grupos numerosos (de 6 a 15 persoas).

 

 MÁIS INFORMACIÓN

"CON VOZ PROPIA"

Proxectos sociopedagóxicos de Cantoterapia 

 

Dirixidos a colectivos diversos: mulleres, adolescentes, infancia, resilientes a traumas, estigmatización, violencia, neurodiverxencia etc.

Aínda que  nós pensamos que o ensino do Canto incide SEMPRE  no benestar da persoa (dito de maneira simple: “cantar senta ben”), compre sinalar que nas nosas clases de Canto e Vocal Coach poñemos máis énfase no perfeccionamento no canto. Polo contrario na Cantoterapia a expresión artística utilízase unicamente como vehículo para desvelar os contidos emocionais internos. É dicir que para o Vocal Coaching, o canto é a nosa finalidade última, mentres que na Cantoterapia o principal obxectivo do intervento radica no benestar da persoa.

Algúns proxectos do apartado “Con Voz Propia” son as sesións de OS DOMINGOS DE CHUVIA , actividades de expresión emocional, creatividadesocialización dirixidas a nen@s e familias e os obradoiros de  CANTOTERAPIA PARA MULLERES..

 
Tamén dentro da nosa liña "Con Voz Propia", temos as sesións de contacontos “a tema” para o ámbito educativo (bibliotecas,  escolas, teatros...) cunha serie de  actividades educativas de músico/danza-terapia para traballar con emocións e valores dirixido a crianzas de 3 a 7 anos e as súas familias. 


Sen esquecer os Obradoiros de Canto Terapia para adolescentes con problemas de saude mental. 

 

  MÁIS INFORMACIÓN

CONTACTA CON NOSOTROS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

.