As terapias artísticas (arteterapia, danzaterapia, dramaterapia e musicoterapia) utilizan a creación artística como medio para traer á luz e revisar e elaborar as emocións. Neste sentido, a arte é so un vehículo para fomentar e benestar da persoa e a calidade da “obra” non é decisiva no proceso. Polo contrario, no ensino das artes, a obra é o obxectivo final e é alí a onde se dirixen os esforzos para mellorar a calidade técnica e de execución das obras.
Nós pensamos que o ensino da música e do canto tamén pode e debe ser terapéutico e axudar ao benestar xa que, sabemos por experiencia que, mesmo cando os esforzos se dirixen a mellorar unicamente a técnica e a interpretación, mesmo entón, o poder máxico da voz está actuando, para xerar autoestima, seguridade e sentimento de pertenza. En Italia un país fortemente vínculado ao canto dise “canta che ti pasa”, “canta, que te pasa (_n, as penas e os problemas....)
É máis, estamos convencidas de que un método de ensino da música que parta da expresión de emocións para chegar aos conceptos non so é posible se non que é necesario, sobre todo para a clientela de menor idade.