- Tes problemas para chegar ás notas “límite” como os agudos potentes?
- Queres cantar Belting pero a túa voz se desliza a “falsetto”?
- Gustaríache cantar pianissimo pero sen perder intensidade?
- Sentes a voz cansada despois de cantar ou falar?
- Falas en público e sentes que a túa voz non transmite toda a forza e a seguridade que che gustaría?
- Non logras chegar á fin das frases longas?
Podería ser que non utilices ben o mecanismo do apoio. O apoio non é o único motivo que pode dar lugar aos problemas citados anteriormente pero moitas veces supón unha gran solución. Aínda que non todo se soluciona con apoio (o canto é moito máis complexo), non cabe dúbida de que dominar as técnicas de respiración e apoio marca sempre unha gran diferencia na calidade da nosa emisión vocal: maior estabilidade, forza, volume e precisión. Ademais, o control diafragmático é seguramente un boísimo punto de partida para empezar a estudar técnica vocal, tanto para a voz falada como para a voz cantada.
Este curso está deseñado para que entendas con claridade o mecanismo da respiración e o apoio e para que aprendas, con moitos exercicios prácticos, temporalizados e organizados de maneira secuencial, a utilizar estas técnicas coa túa voz.
Este curso é a versión gratuita do curso Curso respiración e apoio no canto moderno, no cal accederás ao primeiro módulo do curso completo durante 7 días.
PROGRAMA DE CONTIDOS DO CURSO:
MÓDULO 1: Apoio e tipos de respiración
M1VidT1: Apoio e tipos de respiración. 8:29
Exercicio: Respiración abdominal. 1:27
TEMPO DE ACCESO Á PLATAFORMA PARA REALIZAR O CURSO: 7 días.