¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

Curso Respiración e apoio no canto moderno

Categoría raíz
  • Tes problemas para chegar ás notas “límite” como os agudos potentes?
  • Queres cantar Belting pero a túa voz se desliza a “falsetto”?
  • Gustaríache cantar pianissimo pero sen perder intensidade?
  • Sentes a voz cansada despois de cantar ou falar?
  • Falas en público e sentes que a túa voz non transmite toda a forza e a seguridade que che gustaría?
  • Non logras chegar á fin das frases longas?

Podería ser que non utilices ben o mecanismo do apoio. O apoio non é o único motivo que pode dar lugar aos problemas citados anteriormente pero moitas veces supón unha gran solución. Aínda que non todo se soluciona con apoio (o canto é moito máis complexo), non cabe dúbida de que dominar as técnicas de respiración e apoio marca sempre unha gran diferencia na calidade da nosa emisión vocal: maior estabilidade, forza, volume e precisión. Ademais, o control diafragmático é seguramente un boísimo punto de partida para empezar a estudar técnica vocal, tanto para a voz falada como para a voz cantada.

Este curso está deseñado para que entendas con claridade o mecanismo da respiración e o apoio e para que aprendas, con moitos exercicios prácticos, temporalizados e organizados de maneira secuencial, a utilizar estas técnicas coa túa voz.

Se queres experimentar como é o noso curso antes de compralo, tes á túa disposición o Módulo 1 gratuíto.

 

PROGRAMA DE CONTIDOS DO CURSO:

MÓDULO 1: Apoio e tipos de respiración (Próbao aquí gratis)

M1VidT1: Apoio e tipos de respiración. 8:29
Exercicio: Respiración abdominal. 1:27

 

MÓDULO 2: Postura e respiración

M2VidT1: Introdución. 3:03
M2VidT2: Cinco exercicios para a respiración costodiafragmática. 0:53
M2VidT3: Conclusión. 3:35

Exercicio 1: Pensa en positivo. 2:10
Exercicio 2: A directora de orquestra. 3:44
Exercicio 3: A cadeira. 4:56
Exercicio 4: Facer a mona. 2:41
Exercicio 5: Canta sen parar. 6:54

Audio 1: Intro vocalización en xeral. 1:20
Audio 2: "Canta sen parar" para voces graves. 4:53
Audio 3: "Canta sen parar" para voces agudas. 5:25

 

MÓDULO 3: O apoio

M3VidT1: O apoio. 2:41
M3VidT2: Conclusión. 0:43

Exercicio 1: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): O aniversario. 5:34
Exercicio 2: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): Papá Noel. 2:53
Exercicio 3: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): Cucú. 2:44
Exercicio 4: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): A agulla. 1:20
Exercicio 5: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): Soprar coa boca tapada. 6:26
Exercicio 6: (Exercicios de adestramento dos músculos do Apoio): A caixa de cambios. 6:11
Exercicio 7: (Apoio “On the voz”) axuste das marchas mentres cantamos. 6:33

Audio 1: Cucú para voces graves. 2:19
Audio 2: Cucú para voces agudas. 2:52
Audio 3: On the voz (voces graves). 2:04
Audio 4: On the voz (voces agudas). 3:31

 

TEMPO ESTIMADO DE REALIZACIÓN: 36 días de traballo

TEMPO DE ACCESO Á PLATAFORMA PARA REALIZAR O CURSO: 90 días.

Este curso está deseñado para que vos exercitedes individualmente (deberes) durante un mínimo de 8 minutos diarios de exercitación durante 36 días. Se lle dedicades aos deberes cinco días á semana (20 días ao mes) remataredes o curso en aproximadamente un mes e medio.

 

30,00 €