¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

A Constrición dos pregues falsos, teoría e exercícios

Categoría raíz
  • Tes a sensación de gorxa "pechada" cando cantas?
  • Cando vas ás notas agudas sintes que apretas?
  • Sintes a voz cansa despois de cantar?

Podería tratarse de CONSTRICIÓN dos pregues falsos. A constrición vs retracción dos pregues falsos é un dos primeiros temas que eu aconsello abordar cando se empeza a estudar canto porque considero esencial  telo dominado antes de afondar noutros traballos como son a extensión, o Twang e, naturalmente, a distortion. Este curso, ademais de controlar a constrición involuntaria vaiche axudar a cantar con máis liberdade, cunha voz máis  limpa, aberta e potente e, algo moi importante, sen facerte dano.

Este monográfico ofrece unha serie de explicacións claras e completas, con imaxes e exemplos concretos para que entendades que son os pregues falsos ou vestibulares, a súa importante función na “dixestión” (si, liches ben) e a maneira en que poden alterar, involuntariamente, a calidade do son  e a óptima funcionalidade da voz. Aínda que eu podo ser moi creativa, para este curso elixín cinguirme a sensacións reais e tanxibles compaxinadas con explicacións claras do mecanismo fisiolóxico da voz.

Logo das explicacións , pasaremos a unha serie de exercicios e consellos para controlar os falsos pregues vocais e facelos traballar ao noso favor. Recordade que todos os nosos cursos teñen unha sección moi importante de exercicios prácticos e que, de nada sirve entender de maneira “cognitiva” ou escoitar “a correr” todos os vídeos do curso, se logo non practicades o suficiente os exercicios que vos indico, para “automatizar” os movementos musculares.

Pódeche parecer que os nosos cursos son algo “breves”, aínda que en realidade sexan unidades de contidos bastante completas e sintéticas, organizadas para favorecer unha aprendizaxe gradual, controlada e segura. Por iso, ademais dos vídeos, o curso presenta un documento de temporización dos exercicios de maneira que te organizamos o ritmo do traballo na casa (os deberes) día por día. Recorda que para escoitar resultados efectivos o TEU COMPROMISO coa práctica persoal ao longo do curso será decisivo. 

Este monográfico equivale a 45 minutos de escoita das vídeo leccións práctico/teóricas e este tempo lle debes sumar case dúas horas de traballo persoal (distribuídas en 11 sesións de traballo). 

O curso está dividido en tres módulos con 18 vídeos en total, compostos por 1 vídeo de presentación11 vídeos con unidades de contido e explicacións teórico/prácticas e 7 vídeos con exercicios (“deberes”)

Ademais disporás dun documento co “diario” de exercicios para que poidas estruturar a túa aprendizaxe de maneira gradual, controlada e segura.

Se traballas uns 10  minutos ao día durante 5/6 días á semana o curso dura 2 semanas aproximadamente.  

 

PROGRAMA DE CONTIDOS DO CURSO:

MÓDULO 1: Presentación do curso

M1VidT1: A constrición na Voz. 0:28
M1VidT2: Introdución. 3:30
M1VidT3: As gafas para ver. 2:10

 

MÓDULO 2: Os pregues falsos. Teoría e práctica.

M2VidT1: Os pregues falsos. Que onde como e para que. 1:33
M2VidT2: Os pregues vocais, onde se atopan. 2:09
M2VidT3: Constrición cando deglutimos. 1:18
M2VidT4: Constrición cando nos esforzamos. 2:01
M2VidT5: Constrición cando estamos en tensión. 2:07
M2VidT6: Retracción cando rimos. 1:16
M2VidT7: Retracción cando choramos. 3:22

 

MÓDULO 3: Os exercicios

M3VidEx1: Exercicios de retracción e constrición. 1:33
M3VidEx2: Rir en silencio. 5:09
M3VidEx3: Chorar sen facer ruido. 1:01
M3VidEx4: Respirar con ruido. 4:33
M3VidEx5: Aire libre. 2:30
M3VidEx6: Constrición e retracción sen voz. 2:19
M3VidEx7: Constrición e retracción con voz. 6:05
M3VidT1: Conclusións. 1:28

 

TEMPO ESTIMADO DE REALIZACIÓN: 2 semanas de traballo

TEMPO DE ACCESO Á PLATAFORMA PARA REALIZAR O CURSO: 90 días.

 

20,00 €