•
DESCRICIÓN DAS TÉCNICAS VOCAIS UTILIZADAS
•
Estill Vocal Training Systems (EVTS) foi creada por Jo Estill a finais do século XX e Complete Vocal Technique (CVT) de Catherine Sadolin foi creada no primeiro decenio do XXI. Estas dúas técnicas, caracterízanse polo seu carácter analítico e de base científica que permite, á diferencia da técnica clásica do Bel Canto, abordar todos os estilos musicais, incluídos os modernos, con bos resultados. Ademais, o EVTS ocúpae tamén da voz falada.
Estos dous sistemas teñen en común a facilidade e velocidade na aprendizaxe e a grande autonomía do alumnado, que aprende a coñecer e a controlar a súa voz sen depender da "imitación" da voz da ensinante.