¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

MAGA DE VOZ

 

QUE OFRECEMOS

  • Servizos multilingües de Vocal Coach e clases de Canto Moderno Online, Offline e presenciais para todas as idades.

  • Servizos de Canto Terapia e Arte(s)terapias para público infantil e para Colectivos Resilientes a abusos, estigmatización, traumas, etc.

 

 

QUEN SOMOS

Somos dous socios, Paolo Rosi un técnico informático e Cristal Méndez, unha viguesa, Ensinante de Canto e Arte(s)terapeuta. Somos, ademais de socios, parella e temos un neno que naceu no 2016 en Roma.

 

 

 

ONDE ESTAMOS

Mudámonos desde Roma a Galiza no 2018. Vivimos e traballamos en Camposancos, no Baixo Miño.

 

 

 

COMO O FACEMOS

Compre distinguir entre os cursos de Canto Moderno e Vocal Coach e os cursos de Canto Terapia.

Os nosos cursos de Voval Coach amosan unha modalidade didáctica ben estruturada e progresiva, baseada nos nosos coñecementos e experiencias no ensino da música e o canto así como nas técnicas vocais contemporáneas (EVTS e CVT). Paralelamente damos moito valor ao desenvolvemento artístico e persoal.

Nos seminarios de canto terapia utilizamos a expresión artística apra traer á luz e canalizar as feridas emocionais xerando alivio, benestar e empoderamento.

En todas as nosas actuacións, preferimos as dinámicas horizontais, revalidando as diferencias individuais e específicas para sacar á luz a voz propia. Unha voz individual que se integre na colectividade.

 

 

 

OS NOSOS VALORES

Apostamos pola vangarda e a modernidade e temos unha grande ilusión que se manifesta en todos os proxectos que firmamos: promover o benestar das persoas axudando a xerar autoestima, seguridade e sentimento de pertenza. Asemade, a nosa comunicación co público radícase con forza nos valores de proximidade, honestidade, respecto e coidado.

 

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

Deseño e organización de Eventos, Congresos e Seminarios de ámbito europeo, especialmente entre Galiza e Italia cos que queremos tender lazos de cooperación, intercambio de coñecementos e investigación conxunta en temas relacionados coa educación e as artes escénicas.

 

 

A NOSA MARCA

 

As terapias artísticas (arteterapia, danzaterapia, dramaterapia e musicoterapia) utilizan a creación artística como medio para traer á luz e revisar e elaborar as emocións. Neste sentido, a arte é so un vehículo para fomentar e benestar da persoa e a calidade da “obra” non é decisiva no proceso. Polo contrario, no ensino das artes, a obra é o obxectivo final e é alí a onde se dirixen os esforzos para mellorar a calidade técnica e de execución das obras.

Nós pensamos que o ensino da música e do canto tamén pode e debe ser terapéutico  e axudar ao benestar xa que, sabemos por experiencia que, mesmo cando os esforzos se dirixen a mellorar unicamente a técnica e a interpretación, mesmo entón, o poder máxico da voz está actuando,  para xerar autoestima, seguridade e sentimento de pertenza. En Italia un país fortemente vínculado ao canto dise “canta che ti pasa”, “canta, que te pasa (_n, as penas e os problemas....)

É máis, estamos convencidas de que un método de ensino da música que parta da expresión de emocións para chegar aos conceptos non so é posible se non que é necesario, sobre todo para a clientela de menor idade.