¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

“CON VOZ PROPIA” CUARTA EDICIÓN NA CASA DA MULLER EN VIGO.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
📌 Duración: 9 sesións 18 horas.
 
👉 Os luns, do 29 de abril ata o 24 de xuño.
 
🕕 de 18:00 a 20:00.
 
✍️ Inscrición previa: Tel. 986 442 194 Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30h. Rúa de Romil, 20 Vigo
(casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org)
 
Grupos con capacidade limitada.
 

Nesta cuarta edición, está previsto presentar novos contidos como son a asertividade, a toma de conciencia dos estereotipos de xénero, a busca de modelos de resiliencia en cantantes famosas contemporáneas e, naturalmente, a incorporación de  novos elementos de técnica e expresión vocal e corporal para que as “repetidoras” sigan aprendendo. 

Asemade, reforzaranse outros contidos moi importantes xa vistos nas edicións anteriores de técnica vocal e postural para que as mulleres que participan no proxecto por primeira vez, poidan desfrutar dunha formación completa. Compre sinalar tamén que se retomarán as actividades para a atención a necesidades específicas que xa foron detectadas e implementadas na anterior edición como, por exemplo, a adaptación de todo o traballo corporal ás dificultades de movemento asociadas a malestar  osteoarticular (xa que apareceron reiteradamente nos grupos e en mulleres con idades diversas). 

Así mesmo quero resaltar a importancia da memoria e da testemuña das mulleres (maiores pero non só) integrantes do grupo da edición anterior,  como exemplo de resiliencia e fortaleza pretendo rescatar este aspecto no actual seminario e ademais asocialo coa historia  de cantantes “famosas” que lograron con “voz (e forza) propia” superar circunstancias moi desfavorables. 

O contidos clave para esta nova edición serán a “ASERTIVIDADE” e a “MEMORIA”.
 
Espérovos!!!!!!!!
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar