O Obradoiro ten a súa base na Musicoterapia, na Danza terapia e noutras técnicas de integración holística. Todas estas técnicas terapéuticas teñen como eixe común a conexión co corpo e as sensacións a través de canles de comunicación NON VERBAIS.
A expresión non verbal axuda a expresar contidos incómodos, opresivos ou “tabú”
O non verbal nos permite acceder a contidos para os que “as palabras non son suficientes” porque a experiencia é “primitiva” ou “infantil” (preverbal). O non verbal comunica dende a “verdade” corporal que non engana. O non verbal exprésase dende dentro cara a afora (como a voz) e dende abaixo cara a arriba (dende o corpo/sensación ata a mente/cognición).
Neste Obradoiro, utilizarase a forza do grupo para desbloquear e liberar voz, corpo e emocións traballando para xerar e integrar cambios en nós. Asemade, abriranse espazos de confianza e respecto para que cada persoa poida aportar os seus valores individuais para que o grupo aprenda, se transforme e medre.
- Aula UNED de Tui, do 4 de Outubro 2023 ao 12 de Xuño 2024.
- 62 horas repartidas en sesións semanais de 2 horas cada unha.
- Todos os Mércores alén festivos e vacacións de 17.00 a 19.00.
Inscríbete aquí.