- Destinado a mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar.
- Fomentar a aserción e a propia estima (empoderamento).
- Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.
- Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz e da respiración para mellorar a voz e a saúde.
- Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas da voz propia e allea.
- Recoñecer recursos persoais utilizando o canto como medio.
- Construír novas maneiras de relacionarnos, utilizando o canto como medio
- Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.
Utilizando o canto de grupo e individual exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces para recoñecernos e empoderarnos. Paralelamente aprenderanse unha serie de habilidades técnicas para mellorar e facer máis “forte” e “clara” a propia voz. Neste obradoiro o canto é un medio non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto.
Contidos:
Habilidades de base (técnicas relativas á voz e ao canto): respiración e apoio diafragmático, control dos elementos do tracto vocal superior (padal brando, lingua, epiglote, control dos resoadores etc.) e educación da postura enfocada ao canto.
Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.
Metodoloxía:
Utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e protexido” para todas.
- Datas: Os luns, do 29 de xaneiro ata o 18 de marzo 2024 (8 sesións 24 horas)
- Onde: Casa das Mulleres Rùa Romil, 20 Vigo
- Horario: De 18 a 21.
Info e inscricións: Tel: 986 44 21 94 / casadasmulleres@vigo.org