¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

CRISTAL MÉNDEZ IMPARTE UN CURSO PRESENCIAL DE CANTO E TÉCNICA VOCAL NA UNED DE TUI

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Probablemente queres deixar de cantar como “podes” ou “como che sae” e comezar a cantar como realmente  “queres”.

A que me refiro cando digo “cantar como queres” ?. Por exemplo, a ser capaz de soster as notas longas ata a fin, con tranquilidade e sen perder o alento,    saber pasar do rexistro grave ao agudo de maneira cómoda e sen “galos” ou elixir que tipo de son queres emitir nunha determinada pasaxe : potente, cheo, delicado, natural... 

Cantar como queres tamén significa non forzar a túa voz e non quedar afónico despois dun concerto ou dunha sesión de karaoke.

Outras veces, ou asemade,  pode ter que ver co “estilo”. Por exemplo, queres que soe “agresivo” se cantas rock e “doce” se cantas unha balada romántica, ou viceversa, queres un agudo potente e brillante para un tema funk pero che “sae” un agudo escuro, como no canto lírico...

E, nesta liña, cantar como queres pode tamén ter que ver coa  “expresividade”, cando buscas emocionar a quen te escoita, igual que a ti te emocionan os meus cantantes favoritos. 

Para conseguir TODO  isto  é necesario, por unha banda,  aprender a técnica vocal que che vai axudar a atopar o son que “queres” de maneira eficiente e saudable para a túa voz e por outra banda, coñecer as características que se asocian a cada estilo musical e a cada canción en concreto en relación a aspectos musicais ( dinámicas e expresión, variación de timbres, relación entre  letra e música etc.)

Non teño que escondervos que co estudo de canto vas abrir a porta á un mundo de posibilidades e que non será un “chegar e vencer.” Hai que practicar moito e probablemente non se acaba nunca de aprender... Pero claro, para chegar a un lugar empézase por un paso, logo outro, e daquela vaise avanzando...

Neste curso de Nivel 1, traballaremos cos primeiros pasos que son básicos para aprender a cantar. como son as técnicas para o apoio diafragmático, a afinación, a axilidade, o rango, a extensión e a formación das calidades vocais básicas.

Non é preciso ter experiencia previa en canto o música.

Tamén vos explicarei as características dos estilos chamados Modernos (Blues, Rock, Funky, Latin, R&B e Pop) e como cantar “dentro” destes estilos. Tamén vos ensinarei algúns  “trucos” para cantar de maneira persoal e expresiva

Aínda que non aprenderedes Linguaxe Musical (para iso habería que poñer unha clase a parte) si que traballaremos de maneira práctica unha serie de contidos musicais (dinámicas de intensidade, timbre, legato, staccato, ritmos ternarios e binarios etc.) e tamén aprenderedes a cantar a voces (en coro) que é moi útil para desenvolver o oído interno musical e para mellorar a entoación.

O curso dura 9 meses, de Outubro a Xuño.  Consta de 31 sesións prácticas de 2 horas á semana (os mércores de 19 a 21)

En cada sesión alternarase a aprendizaxe en grupo cun tempo de atención individual. Ao final de cada sesión darei tarefa para casa. 10 minutos diarios de traballo técnico serán suficientes para ver resultados.

Para máis información podedes escribirme aquí na Web ou na nosa páxina de Instagram ou Facebook.

Apúntaste?

 

A inscrición ao curso faise na páxina Web da Uned de Tui.