¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com


Sesión de contacontos con actividades de música e danza/movemento.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Os proxectos van dirixidos as crianzas de 3 a 7 anos e as súas familias e se desenvolven no ámbito socioeducativo, ofrecendo, dous espectáculos de contacontos xunto a unha serie de  actividades educativas de músico/danza-terapia nas que participará toda a familia.  

Tendo como marco a narración dramatizada do conto “O Abeto Valente” (que trata os temas do paso do tempo, a valentía, a resiliencia, a transformación...) daranse expresión libre a estes temas a través da danza e a música durante a sesión. Compre sinalar que, o conto “O Abeto Valente” de Jordi Cots (poeta, mestre e pedagogo) é ademais de grande valor histórico porque foi publicado no ano 1966 pola editorial Galera/ Galaxia e foi traducido do catalán ao galego pola poeta e académica da lingua galega Xohana Torres.

No marco da narración dramatizada do conto “LUCINDA E O INSPECTOR VINAGRE” (que trata os temas da flexibilidade e os cambios vitais, a agresividade, a tolerancia, o amor, a colaboración e os coidados) afondaremos nestes temas e emocións  a través de actividades de movemento e música terapia, ao tempo que nos achegaremos aos conceptos de legato e staccato, forte e piano a través do movemento e a manipulación de obxectos. 

As actividades adáptase perfectamente ao ámbito das bibliotecas e teñen unha duración, aproximadamente, duns 60 minutos cada espectáculo.