¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Eu me considero unha persoa lenta pero intensa. Ao longo da miña vida fun medrando como persoa, reflexionando, meditando, estudando e aprendendo da gran variedade de excelentes ensinantes, terapeutas, coachs, amizades da alma, inimigxs “xenerosxs”, persoas coas que mantiven breves encontros casuais pero reveladores, e, en xeral, toda a xente, animais e obxectos que foron entrando, ficando e tamén saíndo na miña vida e que deixaron a súa pegada. Aprendín tamén moitísimo no silencio sacro das bibliotecas e nas aulas académicas. Todas estas aprendizaxes me levaron a mudar moito interior e exteriormente pero, sobre todo a cambiar o meu “sentido” e propósito de vida. Grazas.
Porén, as miñas mutacións foron sempre parsimoniosas, demorándose nos anos como se ao movemento lonxitudinal cara adiante no tempo se lle sumase o movemento latitudinal cara os lados, moito máis complexo e rico en matices. E, por se fora pouco, a ese avanzar cara adiante cos brazos abertos se lle sumou outro movemento, pode que o máis importante, que foi o calado, invisible e opaco (ou translúcido?) movemento centrípeto. Penso que cada un daqueles pasos infinitamente lentos que fun dando estiveron totalmente enraizados na experiencia e na consonancia co meu ser completo e auténtico. Por iso foi tan lento o meu avanzar en espiral, porque era intenso, profundo e, por tanto, sen posibilidade de marcha atrás.
O meu último paso foi o de crear a miña propia empresa. Foi unha decisión algo tardía pero, precisamente polo que vos acabo de explicar, non podía ter sido dado antes. En realidade eu xa levaba moitos anos buscando a fórmula para integrar na miña profesión todos eses cachiños dispersos de min que agora se dan en chamar “valores” na xerga do marketing. Tamén Paolo, a miña parella e socio, estaba maduro para dar o salto e abandonar o traballo asalariado. E nos lanzamos a crear a nosa empresa: MAGA DE VOZ COOPERATIVA GALEGA que, como xa sabedes, ocúpase de desenvolvemento persoal e creativo a través das artes, con especialidade en Canto.
Chegadas a este punto da historia, paréceme debido agradecer especialmente a Eva Bouzas Facal e Domenico Tinelli, cooperativistas de corazón, que nos axudaron moito nos primeiros comezos, así como a todas as ensinantes e mentoras do programa OLYMPE EMPRENDE, organizado por TANDEM SOCIAL en colaboración con WAZOCOOP e ABELURIA, todas elas cooperativas. Penso que nomear ás persoas é importante porque as visibiliza, especialmente cando se trata de mulleres. Por iso vou escribir tooooodos estes nomes no corpo do texto!
Pola parte de Tandem social:
ANDREA BALLETBÒ, ANDREA FARRÀS, JANA CASTANY, ADRIANA VILANOVA, MICAELA VILLAVERDE, MARINA LÓPEZ, ITZIAR GASTAMINZA
Por parte de Abeluria:
ANA OLVEIRA, ÁLEX PEREIRA, REBECA SÁNCHEZ, CRISTINA MOSTEIRO
Tamén compre agradecer aos mentores do programa IGAPE:
ADOLFO NEIRA e ANDRÉ TABOADA
Estas xenerosas persoas, maioritariamente mulleres, axudáronos a darlle forma ao caos fragmentario de ideas creativas, habilidades e coñecementos que quedaran “fora de xogo” no traballo asalariado pero que agora maxicamente entraban no campo da nosa empresa en forma de valores diferenciais. Bingo! Tamén nos axudaron a fincar os pes na terra “capricorniana” do sistema económico, unha acción necesaria para coller impulso no salto.
Logo de case un ano e medio da creación de Maga de Voz, entendo que, para min, emprender significou buscar e atopar o mellor que teño para dar e ofrecérvolo. Detectar as vosas (e miñas!) necesidades e darlles resposta rebuscando ao largo ancho e fondo dos coñecementos e habilidades adquiridos polo camiño da vida para atopar as ferramentas adecuados. Significou a sorpresa e a inmensa alegría de descubrir cantos recursos, en forma de criaturas embrionarias crioconservadas no meu interior, deron en xermolar na matriz dos proxectos de Maga de Voz, floreando desbocadas nunha explosiva primavera sideral!

 

Tal cal así me sentín! Xuro!

E cales foron, son e serán eses recursos recuperados? Seguramente pasan polas artes: a voz, o canto e a danza/movemento como vehículos de recoñecemento e crecemento persoal pero tamén pasan transversalmente por todos os coñecementos acumulados, intra e extra academicamente, de Educación, Psicoloxía, Arte(s)terapia, Ioga e Movemento Consciente, Humanismo, Espiritualidade Laica... E agora penso que, sobre todo, pasan polo meu desexo de ter compañía neste camiño ventureiro que é a vida.

Por iso, aproveito para dar as grazas, tamén, a todas as persoas (de novo moitas mulleres) participantes nos Obradoiros “Con Voz Propia”, así como ao meu alumnado de Canto Moderno. Sondes un catalizador moi potente no meu proceso de “recolleita” e de apoderamento. Grazas pola confianza, polo entusiasmo e pola xenerosidade, grazas polo cachiño de vida xuntxs. Esta vez non vos podo incluír no corpo do texto porque sondes demasiadas, velahí unha imaxe...

Por suposto agradezo tamén ás directoras do CIM da Guarda (YOLANDA VILLAVERDE) e de Baiona (ELENA OTERO) así como das Concelleiras de Igualdade da Guarda (FATIMA RODRÍGUEZ ) e de Baiona (YASMINA MOREIRA) pola confianza que depositaron no noso proxecto do ano pasado e polo seu apoio. Por certo, este ano, o Obradoiro “Con Voz Propia” se repite nos dous concellos citados e comezará tamén outro en Vigo!

Pincha aquí para ver as datas

Despois de todo, emprender é para min moito máis que ser a miña propia xefa, que non é pouco. Emprender representa tamén afrontar os ogros en forma de prexuízos cognitivos, que nos asustan con voces, interiores e exteriores: iso é demasiado difícil, hai crise, non es válida, non o mereces, non sabedes, sondes maiores, quen te pensas que es?, impostora!, estades tolos, ides fracasar etc., e devolver os “ogros” á súa verdadeira dimensión, non tan abraiante, que nos permita afrontar os problemas reais con creatividade e optimismo.

En resume: para min emprender é medrar como persoa. É responsabilidade sobre min mesma. É ocupar o meu lugar preferido no mundo. É dar sentido á existencia. É crear realidade propia. É honrar a vida.

Déixovos unha canción que xa utilizamos nos nosos Obradoiros “Con Voz Propia" da compositora porteña Eladia Blazquez (1931-2005). Chámase “Honrar la vida” e atoparedes moitas covers interesantes desta canción en Youtube. Hoxe vos propoño esta: