¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

XXV Aniversario da inauguración do Monumento de Silveiro Ribas


HOMEOPATÍA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


O pasado Sábado 29 de Xuño, tiven o honor de participar, na Alameda de Tui, no acto conmemorativo do XXV Aniversario da inauguración do Monumento de Silveiro Ribas, á memoria dos represaliados, acto organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria histórica.

Quero agradecer a todas as persoas que fixeron posible o evento: asistentes,  participantes no acto e, sobre todo, á organización. Penso que organizar un acto como este, que honra a memoria de tantas vítimas e superviventes ao terror da represión fascista, ten que ser moi duro, por veces insoportable.              

Compre ter moita valentía para escavar nos detalles abraiantes dun pesadelo e contar en voz alta o que realmente aconteceu. E compre unha gran bondade de corazón para, por fin, sacar ao sol as vellas feridas, para seren recoñecidas e curadas. A beleza do lugar no que estábamos contrastaba cos horrores da narración, non sei aínda se iso me provocaba alivio ou o todo o contrario.

No meu traballo a través de Maga de Voz, utilizo a voz, o canto, a danza e as artes en xeral como vehículos para a creación de benestar. Por iso, o  poema que  lin esa tarde, aínda que se referise a longas décadas de rabias afogadas, de feridas silenciadas e de futuros abortados, non quería renunciar a espallar o conforto e a esperanza para a humanidade.

Conversando con Marga do Val e Pepe Cáccamo recordamos que o fascismo sabe ben como activar as tripas dos votantes e que non dubida en espertar as poderosas e atávicas emocións humanas asociadas coa supervivencia, como son o medo, a urxencia, a rabia, a impotencia e o sentimento do territorio ameazado. A beleza dos magnolios en flor interrompía o noso discurso (aborrecido?) que agora retomo neste texto.

O neofascismo e as oligarquías que moven os fíos no retagarda,  saben ben como pulsar esta tecla “atávica” xa que contan coa asesoría de especialistas en marketing e psicoloxía, quen, á súa vez saben, que o cerebro instintivo SEMPRE vence ao racional (palabra da ciencia, non miña).

Por desgracia, cando se vai ás urnas coas tripas, a razón e a cultura moi probablemente levarán as de perder. Non hai datos, nin números, por moi favorables, convenientes economicamente ou xustos socialmente que sexan, que poidan contrarrestar á forza esmagadora das “palabras maiores”, esas palabras que liberan as emocións do medo pola supervivencia e da loita pola defensa do territorio e o alimento que se perciben ameazados.

Hoxe, atrévome a pensar que contra as tripas “sen razón” do marketing fascista, non servirá moito a razón e as razóns,  nin sequera a “verdade” dos datos, se non as outras emocións humanas que tamén foron e son necesarias para a supervivencia, aquelas positivas e construtivas,  as que celebran a vida en todas as súas facetas e coidan dela e que, hoxe, probablemente sexan  o mellor antídoto “homeopático”  a longo prazo contra o discurso do medo.

Dito de maneira breve,  e sendo consciente do serio perigo de abeirar a superficialidade, considero que, na actual sociedade líquida, o movemento antifascista precisa reconquistar os vellos conceptos intanxíbeis que só a igrexa, o marketing e certas producións artísticas infantís ou de masas se atreven a utilizar sen pudor e con grandes resultados comunicativos: tenrura, amor, solidariedade, consolo, coidado, pertenza, fogar, orixe, terra, empatía, solidariedade, infancia, protección, valentía, paz, vida...

E para non caer no edulcorado, no “ñoño” ou no manido, para reconquistar e dignificar ás emocións humanas que son compasivas (sentir con) e amorosas, devolvéndolle a súa beleza e grandeza orixinais, podemos sempre pedir axuda á cultura: escritores, músiques, artistas, cineastes, actores, influencers, youtubers, expertes de marketing e psicólogues.  Sobra xente neste país que botaría unha man nese proxecto  de “nova comunicación” atopando o seu espazo natural nas redes. 

Deixo esta humilde proposta para quen desexe reflexionar e facer algo con ela. Eu xa o fago. Poñendo con entusiasmo o meu pequeniño grao de area en cada Obradoiro, en cada poema, en cada canción.

NO PASARÁN 

 

 

Artigo de opinión de Cristal Méndez.