¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com


Como atopar un estilo propio e persoal no canto - PARTE 1

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Hai cantantes que polo seu timbre de voz e o seu estilo son inconfundibles e, moitas veces,  inimitables. Persoalmente, opino que non “convén” imitar a cantantes  famosxs e que é moito máis interesante atopar o propio estilo. Neste artigo vou tentar explicarvos cales creo eu que son as calidades do canto que fan unha voz única.

Para iso, neste primeiro artigo analizarei os elementos que dan personalidade a unha voz utilizando os parámetros do son, timbre, duración, intensidade e altura (si, por esta orde) para desglosar os elementos que dotan de personalidade unha interpretación. Tamén vos darei algúns exemplos prácticos de cantantes famosos. Nun segundo artigo, dareivos algúns consellos para que poidades aplicar estos elementos na práctica, coas vosas voces, ou coas voces do voso alumnado.


Análise dos factores que inflúen no "estilo" de unx cantante


Timbre

A primeira calidade da que me quero ocupar é o timbre ou cor da voz. Eu penso que hai dúas maneiras de considerar o timbre de  unx cantante. Por unha banda, temos un timbre que é innato a cada persoa e que nos permite recoñecela sen necesidade de vela. Ese tipo de timbre é como unha marca de fábrica e pódese imitar só en parte. Eu chamareino “timbre natural”. Eu creo que existen voces excepcionais  como as dela  Fitzgerald ou Mina, nas que esa “cor”, inconfundible e especialmente agradable, resulta un compoñente moi importante do seu canto, como un “don” precioso e irrepetible.

Doutra banda, temos un timbre que vai moito máis alá da “cor” natural e innata da voz,  e que depende da  maneira en que se  imposta a voz. A este timbre, co que “non se nace senón que se fai” chamareino “timbre artístico”. Por exemplo, eu non sei se  Amstrong falaba como cantaba, pero dubídoo. Máis ben creo que ese timbre característico seu, que lembra a un animal  gruñón, é o resultado de “a súa” maneira particular de  impostar a súa voz.  Seguramente, a  Amstrong gustáballe cantar dese xeito e o seu peculiar timbre converteuse nunha “marca comercial” moi efectiva.

O timbre artístico ás veces elixímolo, por que nos gusta e nos identificamos con el, pero outras veces, non é elixido e non nos gusta pero non sabemos como cambialo, como poden ser a nasalidade (debida a un padal brando “preguiceiro”) ou a voz  engolada (debida á lingua tensa cara atrás).

O timbre de  un/unha cantante resulta da combinación dos timbres “natural” e “artístico” e, aínda que nalgunhas voces o primeiro é importante, mesmo decisivo, eu opino que para a maioría das voces, o que máis conta é o segundo. No artigo seguinte, explicarei a importancia do timbre ou timbres que eliximos para a interpretación das cancións.

 


Fraseo

Outro elemento que define o estilo de  un/unha cantante é o seu  fraseo. Aquí intervén o parámetro do son chamado “duración”. O concepto de fraseo é complexo, eu vouno resumir (sabendo que estou simplificando) como “o modo en que se  se organizan ás notas no TEMPO”.  É a maneira en que x artista xoga co ritmo, “ ritardando” ou “acelerando”, decidindo onde respirar, establecendo as palabras “clave”, agrupando ou separando notas... Naturalmente, estou a referirme ao canto moderno ou “popular” no que dispoñemos dunha enorme liberdade á hora de executar variacións rítmicas.

Eu considero a Frank  Sinatra un mestre do  fraseo. Cando interpretaba unha canción, apropiábase dela dun modo irrepetible. Son consciente de que fago moitas referencias a cantantes “vellxs” (Sinatra, Fitgerald, Amstrong, Mina...) pero pídovos que consideredes que sen coñecer as raíce dos estilo musicais, non se pode chegar a ter unha “expresión” moderna. Pode que pronto escriba algún artigo ao respecto desta paradoxa ...

Ben, para entender como se pode  malear un tema utilizando o  fraseo, podedes escoitar tres versións distintas do jazz  standard  “ Fly me  to  the  moon” e comparalas entre elas, observando onde respiran e fan as pausas, onde acurtan e onde alongan as notas.

 

Aquí déixovos o  link da versión de  Sinatra, a de Doris Day e a de Diana Krall.

Paréceme que escoitar con atención o  fraseo destxs cantantes é moi interesante e formativo. O  fraseo está moi relacionado coa musicalidade dun intérprete, e para min, é decisivo cando valoro  unx cantante. Mesmo se un/unha cantante posúe unha voz marabillosa, se o seu fraseo non me gusta.. vai ser dificil que o escoite por máis de tres minutos! Síntoo, quizais son un pouco radical...

 

Intensidade e acentos

Outro elemento moi importante na interpretación son as dinámicas de intensidade, é dicir o modo en que utilizamos o “ forte” e o “piano” para recrear emocións. Aínda que creo que estes aspectos non sempre dependen dxs cantantes, senón tamén da dirección musical e da produción.

Este é un recurso moi utilizado en todo tipo de música culta e popular. Manexar ben a dinámicas axuda a escóitaa atenta (evita o aburrimento) e xera emocións, de feito canta máis emoción se queira expresar, máis contrastadas serán as  dinamicas de intensidade.

De feito, non é casual que na música culta do romanticismo,  a diferenza entre “ forte” e “piano” sexa tan grande... A quinta sinfonía de Beethoven é un bo exemplo. Pero imos atopar, máis ou menos esaxeradas, as dinámicas de intensidade en todas as pezas, cultas, populares, clásicas e modernas.

 

Algúns exemplos de cancións con dinámicas moi exaxeradas de “Forte” e “Piano”:

 

Altura (ton, melodía)

Por último, e referíndome ao parámetro “altura”, quero resaltar outro trazo que dota de gran personalidade unha interpretación e que consiste en executar pequenas variacións  melódicas ou mesmo improvisar. Esta característica forma parte da esencia do Jazz, o  Blues e o Gospel. Tamén a atoparemos  no Pop e o Rock, sobre todo nos retrousos e nos finais das pezas.

As variacións rítmicas e  melódicas e as improvisacións son espontáneas e irrepetibles. É por iso que podemos atopar versións tan diferentes da mesma canción.  Este é, creo eu, o trazo máis persoal e  difícil de imitar dxs cantantes xa que ten moito que ver co noso carácter e musicalidade e tamén coa nosa maneira de “contar” unha canción. Persoalmente, aconsello aos meus alumnos de non repetir nota por nota as variacións dxs cantantes, senón de tentar atopar as súas propias.

E xa chegamos á fin deste artigo. Recordade que, aínda que presentei estas calidades musicais por separado, normalmente aparecen xuntas e ademais interactúan entre elas. É fácil que xogando a facer variacións rítmicas atopemos inspiración para algunhas variacións  melódicas ou pode suceder que se cambiamos o timbre isto inflúa no noso  fraseo.