- A modalidade “evento” de 90’ de duración no que as mulleres cantan e danzan en grupo. Esta modalidade, que se inspira no método arteterapeutico “espression primitive” (BELLIA, 2007) presenta un abordaxe colectiva, non verbal, no que o fraseo musical se estrutura en esquemas sinxelos de “pregunta/resposta” e facendo énfase na forza do grupo e no canto coral. Este enfoque “tribal” ou “comunitario”, permite as mulleres expresar de maneira protexida e segura as súas emocións.
Ademais do canto, tamén se practicarán movementos de danza, inspirados no método de “Aviva Steiner” tendo como principais obxectivos a saúde do chan pelviano, do aparato reprodutor feminino, a estimulación da circulación e o contacto co centro do corpo e coas emocións. Tamén, e só seo grupo se sinte preparado, é posible ir abrindo, de maneira natural e espontánea, espazos individuais de libre improvisación sempre apoiada polo resto do grupo.
O carácter non verbal e comunitario deste tipo de evento, fomenta sentimentos inmediatos de gratificación, pertenencia e empoderamento nas mulleres. O lema é “ eu PODO (cantar, bailar, expresarme...)” porque “estamos XUNTAS”.
- A modalidade “Obradoiro” de 24 horas repartidas en 8 sesións semanais de tres horas cada unha. Trátase dun Obradoiro de Canto para fomentar a través do traballo coa voz o empoderamento, a asertividade, a resiliencia, a expresión emocional e a socialización nas mulleres.
Na Canto Terapia, como en todas as terapias artísticas (música, danza, teatro e artes plástico/figurativas), a persoa sitúase no centro e a expresión artística sirve de CANLE para a expresión emocional, o crecemento e o benestar. Isto a diferencia do ensino artístico convencional, no que a prioridade non é a persoa se non a obra, polo que se centra na gradual adquisición das técnicas necesarias para obter un resultado estético de calidade.
Agora ben, na miña longa experiencia como ensinante de Canto Moderno e Vocal Coach puiden constatar de maneira reiterada os grandes beneficios do ensino/aprendizaxe da técnica vocal e da expresión cantora para o benestar emocional das persoas. É dicir que o mero feito de asistir a leccións de canto, xa é en si mesmo terapéutico.
Por este motivo, e aínda que nos cursos de Canto Terapia “Con Voz Propia” a libre expresión (verbal e non verbal) e a creatividade das participantes sexa prioritaria sobre a “calidade” artística, eu non renuncio nos meus obradoiros ao ensino “convencional” do canto xa que o traballo coa técnica vocal fomenta tamén, de maneira indirecta pero efectiva, valiosas emocións de centramento e empoderamento.
Para máis información sobre os cursos “Con Voz Propia” é posible poñerse en contacto con nós...
Bibliografía:
Bellia V. (2007) Se la cura é una danza. La metodologia espressivo-relazionale nella danzaterapia. Milano: Franco Angeli
https://www.femina-aviva.com/es/newpage