¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

AS TENTACIÓNS DE SAN ANTÓN: DIVERSIDADE, APODERAMENTO E EMPRENDEMENTO.

JOST VON CRAESBEECK (aprox. 1650)

 

 

AS TENTACIÓNS DE SAN ANTÓN: DIVERSIDADE, APODERAMENTO E EMPRENDEMENTO.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Nun anterior artigo falei da miña interpretación persoal do emprendemento.

Meditando sobre este tema nace este artigo no que quero argumentar sobre as seguintes cuestións: 

  • A aceptación da diversidade individual.
  • O apoderamento dos valores positivos inherentes a esa diversidade.
  • A posta dos nosos valores ao servizo do colectivo. 
  • A integración/superación dos prexuizos cognivos e os estigmas. 

Estas catro cuestións me parecen claves na miña concepción do  emprendemento. Porén, a reflexión sobre quen somos e que temos para dar, provócanos moitas veces vertixe e os pensamentos de fracaso, hecatombe económica, síndrome da impostora, non merecemento, sentimento de inadecuación e toda unha serie infinita de prexuízos cognitivos, nos poden acurralar e paralizarnos, como as famosas tentacións de San Antón.

Sen pretender facer unha análise artística deste impresionante cadro do barroco flamenco, quero destacar o pequeno tamaño da figura de  San Antón en comparación coa enormidade desa cabeza “posuída” polos demos que a min me recorda que o mal non soe estar afora se non dentro do noso cabezón. 

E tamén reflexiono sobre o feito de que San Antón logra vencer aos demos grazas á fe. Estou convencida de que tamén ten que haber un “salto de fe” para poder  superar o medo á saír da nosa zona de confort afrontando os nosos fantasmas e iniciando a aventura de ser fieis a nós mesmas sacando, por fin,  a nosa diversidade fora do armario.

Pero esa fe, probablemente non se dirixe ao exterior, cara un Deus Ex Machina separado da nosa trama persoal,  mais ben se trata dunha fe en nós mesmas que pode ser “espiritual "(cando nos sentimos un pequeno elemento conectado cun TODO que nos regala un poder superior), “materialista” (cando nos percibimos como un elemento separado e cremos unicamente nas propias forzas) ou as dúas cousas remexidas.

En todo caso, esta fe só se constrúe aceptando e amando a propia diversidade con todas as eventuais fraxilidades asociadas  (a famosa autoestima) e apoderándonos dos valores positivos inherentes á nosa diversidade. Como nos procesos da alquimia que transmuta o chumbo en ouro ou da homeopatía que convirte o veleno en medicina, podemos extraer forza das nosas cicatrices e dos nosos traumas  para renacer como heroínas superviventes

Porén, vencer en batalla aberta aos demos egoicos, tamén chamados prexuízos cognitivos, é unha tarefa complicada. O máis práctico, probablemente, sexa recorrer á poción da autoestima, xa que ela nos otorga superpoderes. Na medida en que a pequena figura,  fraxilizada ergo racializada, estigmatizada, traumatizada, invisibilizada..., do San Antón do cadro  alimente o amor de sí, esta empezará gradualmente a medrar, ao alto e ao ancho por dentro e por fora.

Deste xeito, todas as imaxes e as voces críticas comezan a mirrar ata converterse en minúsculos bonequiños inocuos e mesmo ridículos. A partir deste momento podemos comezar a construir a propia realidade sobre a base do coñecemento de quen somos e canto valemos. 

Por outra banda, podemos tamén utilizar a técnica da maxia alquímica para transmutar o medo en amor, que consiste en falar cos fantasmas agradecéndolles por “advertirnos” dos perigos no camiño.  Isto representa un segundo paso, bastante difícil pero moi interesante, no que logramos integrar os nosos medos e as nosas crenzas negativas dándolles o “valor de protección” que se merecen pero sen deixar de recordándolles/nos  que podemos, non obstante os perigos, saír adiante. 

Todo un proceso... para regalarnos algo de ánimo déixovos a potente voz de Christina Aguilera cantando FIGHTER

 

 

Artigo de opinión de Cristal Méndez.