¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Contacta con Maga de Voz: info@magadevoz.com

BIO

CRISTAL MÉNDEZ QUEIZÁN

Son unha "creativa" e andei un tempo subida polos escenarios como cantante/actriz (sigo subindo de maneira "esporádica") e escribindo poesía durante as pausas laborais, pero pronto descubrín que a miña vocación é o ensino de Canto.

Considérome dese tipo de viaxeiras que se demoran bastantes anos nos lugares, integrándose na cultura que as acolle. Neste sentido, traballei bastantes anos como ensinante de Canto Moderno en diversas escolas de música de Barcelona e Roma, nas que acumulei moita experiencia profesional e vivencias moi enriquecedoras, ata que sentín a necesidade persoal de crear a miña propia empresa para poder integrar todas as miñas capacidades creativas que ata agora estaban "dispersas".

A miña formación tamén foi viaxeira e fun pasando polo Conservatorio de Música Jazz ESTUDIO e a escola de Teatro e Danza ESPAZO ABERTO en Compostela, así como o Taller de Musics de Barcelona cidade na que tamén me formei en EVTS. Diplomeime na Universidade de Barcelona como Mestra de Música e fixen un Master en Terapias Artísticas pola Universidade de Roma 3. Tamén en Roma estudei un ano con Bob Stolov e fixen un curso de CVT con Catherine Sadolín. E paralelamente fun facendo moitas e variadas formacións de danza, teatro, yoga e canto nas cidades nas que vivín: Vigo, Berlín, Barcelona e Roma que me foron enriquecendo como profesional e como persoa.

Actualmente, sigo formándome na técnica vocal CTV pero, sobre todo, estou explorando e perfeccionando o meu método, integrando as miñas competencias e experimentando no campo das artes escénicas, o canto e as terapias. Síntome moi realizada axudando ás persoas a mellorar como cantantes e a sacar fora á propia voz e estou convencida de que o traballo vocal posúe o poder "máxico" de facernos medrar como persoas, creando benestar.

 

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

PAOLO ROSI

Galego de adopción, pero con corazón romano de Roma, traballei durante moitos anos como técnico informático dando asistencia a moitos clientes italianos. En 2018, o cambio da zona de confort levoume a Galicia xunto á miña muller galega e o meu fillo nado en Roma, onde continuei a actividade técnica no sector da automoción. Apaixonado do mundo da música e da radio, o punto de cambio en 2021 coa creación de Coop Maga De Voz, unha nova aventura creativa sen limitacións nin horarios fixos.